Santiso - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Santiso.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | Provincia da Coruña ![]() | ||
Capital | Agro do Chao ![]() | ||
Poboación | |||
Poboación | 1.453 (2024) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 67,45 km² ![]() | ||
Altitude | 385 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Organización política | |||
• Alcalde ![]() | Fernando Suárez Cortiñas ![]() | ||
Eleccións municipais en Santiso ![]() | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 15808 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Código INE | 15079 ![]() | ||
Sitio web | santiso.gal ![]() | ||
![]() ![]() |
Santiso é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Melide.
Segundo o IGE no 2014 tiña 1.742 habitantes (1.980 no 2009, 2.116 no 2006, 2.160 no 2005, 2.212 no 2004, 2.249 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «santisés».
Censo total 2014 | 1.742 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 100 (5.74 %) |
Entre 15 e 64 anos | 990 (56.83 %) |
Maiores de 65 anos | 652 (37.43 %) |
Evolución da poboación de Santiso Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.173 | 4.787 | 4.831 | 2.892 | 2.212 | 1.980 | 1.838 | ||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Santiso limita ao norte con Melide, ao leste con Palas de Rei (provincia de Lugo, ao sur con Agolada e Vila de Cruces (provincia de Pontevedra) e ao oeste con Arzúa (provincia da Coruña).
Está bañado polo río Ulla e polo seu principal afluente, o río Furelos, ademais dos regatos de Braña, Beseña e Boente.
Destaca o sector primario. Na gandaría prima o gando vacún, e ten bastante importancia a industria forestal.
Santiso conta cunha ruta homologada, a PR-G 125 "Sendeiro de Visantoña". É circular, duns 14 km, accesible tamén para bicicleta ou a cabalo. O punto de inicio é en Visantoña.
-
Detalle do cruceiro da igrexa de Vimianzo.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Santiso vexa: Lugares de Santiso.
- Páxina oficial do Concello de Santiso
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 125 Sendeiro de Visantoña - SEGATUR