Savona - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Savona (it) Sann-a (lij) ![]() | |||
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
País | Italia | ||
Rexión | Liguria | ||
Provincias | Provincia de Savona ![]() | ||
Capital de | |||
Poboación | |||
Poboación | 58.194 (2023) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 65,32 km² ![]() | ||
Altitude | 4 m ![]() | ||
Comparte fronteira con | Albissola Marina (pt) | ||
Santo padrón | Nossa Senhora da Misericórdia (pt) ![]() ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 17100 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 019 ![]() | ||
Identificador ISTAT | 009056 ![]() | ||
Código catastral italiano | I480 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | |||
Sitio web | comune.savona.it ![]() | ||
![]() |
Savona (Sann-a en lingua lígur, dialecto savonés, pronunciado "Sanha" con n nasal velar) é unha cidade de Italia, capital da provincia homónima na rexión da Liguria.
Cos seus 61.946 habitantes (2007), foi sempre un porto importante da rexión e é hoxe central de chegada de numerosos cruceiros.
Atópase a 45 km. da capital da rexión, Xénova e ten conexión directa por ferrocarril e estrada (A6 Savona-Torino) con Turín.
Pola súa importancia de tráfico de mercancías e como central de cruceiros, é o segundo porto da Liguria despois de Xénova e figura entre os primeiros de Italia e do Mediterráneo.
É a saída ó mar dunha parte da industria das rexións do Piemonte e da Lombardía e ten unha importante actividade ferroviaria debido ás vías que a atravesan, que se dirixen ata o próximo territorio francés.
Esténdese por unha área de 65 km2, tendo unha densidade de poboación de 953 hab/km2. Fai fronteira con Albissola Marina, Albisola Superiore, Altare, Cairo Montenotte, Quiliano e Vado Ligure, na mesma provincia.
Entre os seus monumentos están a famosa Torretta León Pancaldo, o Cû de Bêu (a vella dársena), a Fortaleza do Priamar, a Catedral e a Capela Sistina, o Prolungamento, a Campanassa (torres medievais) e a Madonnetta.
Antigo centro dos Lígures Sabacios, a cidade lígur foi aliada de Cartago na segunda guerra púnica contra Roma, entón aliada de Xénova.
Roma someteu finalmente Savona sobre o 180 a.C. e deulle o nome de Savo Oppidum Alpinum.
En épocas romanas Savona suplantou desde fins do segundo século a.C. o rol de Xénova como porto principal da Liguria.
A Savona atribúese a invención do xabón sólido, de feito é interesante notar a relación entre o nome desta cidade e a palabra francesa "savon" (xabón).
Savona está irmandada con:
-
A Torre León Pancaldo, no porto de Savona
-
Savona vista desde a Madonna del Monte.
-
Praza A. Saffi e a Prefectura.
-
Santuario Nostra Signora della Misericordia
-
O novo barrio situado na zona turística do porto
-
A Fortaleza do Priamar, edificada no 1542
-
Parte da Fortaleza do Priamar
-
A Fortaleza do Priamar e panorama do porto
-
A Fortaleza do Priamar, interior
-
A impoñente estrutura da Fortaleza do Priamar
-
Ingreso á Fortaleza
-
Cattedrale dell'Assunta de Savona
-
As torres medievais de Savona
-
A casa que foi de Domenico Colombo (pai de Cristóbal Colón), en Valcada, nas alturas de Légino.