Sesto, Agolada - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Sesto.
Sesto | |
---|---|
Vista xeral | |
![]() | |
Concello | Agolada[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°49′44″N 8°06′40″O / 42.82901399, -8.11109313 |
Área | 2,86 km² |
Poboación | 42 hab. (2013) |
Densidade | 14,69 hab./km² |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cibrao de Sesto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Agolada. Segundo o IGE de 2013 tiña 42 habitantes (21 mulleres e 21 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 53 habitantes.
Torre de Sesto ou Torre dos Catro Ventos. Edificada sobre os restos do castelo de Valquireza, unha fortaleza medieval que pertenceu aos Suárez de Deza e aos Churruchaos de Deza. Situada no sur da parroquia a carón da Pena da Frisca.
Lugares da parroquia de Sesto no concello de Agolada (Pontevedra) | |
---|---|