Siria - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
الجمهورية العربية السورية (ar) سوريا (ar) Komara Erebî ya Sûriyê (ku) ![]() | |||
Himno | Homat al Diyar ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
| |||
Territorio reivindicado por | Francia (–1946) ![]() | ||
Capital | Damasco ![]() | ||
Contén a división administrativa | Gobernación de Al-Hasakah | ||
Poboación | |||
Poboación | 23.865.423 (2024) ![]() | ||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 185.180 km² ![]() | ||
Auga | 1,1 % ![]() | ||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | ||
Punto máis alto | Monte Hermón (2.813,95 m) ![]() | ||
Punto máis baixo | Mar de Galilea (−214 m) ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | Síria Baathista (pt) | ||
Creación | 8 de marzo de 1920 ![]() | ||
Organización política | |||
Forma de goberno | República semipresidencialista (1973–) ![]() | ||
• Presidente ![]() | sen valor (2024–) ![]() | ||
Órgano executivo | Goberno de Siria ![]() | ||
• Primeiro ministro ![]() | Mohammed al-Bashir (2024–) ![]() | ||
Órgano lexislativo | Consello Popular de Siria , (Escano: 250) ![]() | ||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Constitucional Supremo de Siria ![]() | ||
Membro de | |||
Moeda | libra siria ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Fuso horario | |||
Dominio de primeiro nivel | .sy ![]() | ||
Prefixo telefónico | +963 ![]() | ||
Teléfono de emerxencia | 112, 110 e 113 ![]() | ||
Código de país | SY ![]() | ||
![]() |
Siria[1] é un país do Oriente Medio. Limita ó norte con Turquía, o leste e sur con Iraq, ó sur con Xordania e ó oeste con Israel, Líbano e o mar Mediterráneo. A rexión de fronteira con Israel (Altos do Golán) é obxecto de disputa entre ámbolos dous países.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Siria forma parte de Asia, en concreto do Oriente Medio. O nome de Siria é tan antigo como a súa historia, atopándose multitude de referencias na Biblia. Anteriormente, formaba parte dun territorio moito máis amplo, que incluía ademais os actuais Chipre, Líbano, Xordania, Iraq e Israel, cuxo nome era Bilad al Cham ou Territorio Lunar, por ser a súa capital, Damasco, tamén chamada Cham, un oasis no medio do deserto.
Siria formou parte, xunto con Exipto, da República Árabe Unida entre 1958 e 1961.
Durante un breve período nos anos 1970, Siria xunto con Libia e Exipto conformou unha federación que pretendía ser o xerme para a definitiva unidade árabe. Dita federación fora impulsada de xeito decidido polo líder libio Muammar al-Gaddafi, pero sucumbiu aos conflitos de intereses entre os tres países que se viron divididos entre outros asuntos pola súa postura fronte a Israel.
Siria divídese en 14 muhafazat (محافظة , singular muhafazah equivalente a provincia ou gobernación) que levan o nome da capital, e que se subdividen en 61 manāṭiq (singular minţaqah equivalente a distrito ou rexión)
Nº | Muhafazat | Capital | |
---|---|---|---|
1 | Lataquia | Lataquia | |
2 | Idlib | Idlib | |
3 | Alepo | Alepo | |
4 | Al-Raqqah | Al-Raqqah | |
5 | Al-Hasakah | Al-Hasakah | |
6 | Tartus | Tartus | |
7 | Hama | Hama | |
8 | Deir ez-Zor | Deir ez-Zor | |
9 | Homs | Homs | |
10 | Damasco | – | |
11 | Damasco Rural | – | |
12 | Quneitra | Quneitra | |
13 | Daraa | Daraa | |
14 | Al-Suwayda | Al-Suwayda |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Syria%2C_administrative_divisions_-_Nmbrs_-_colored.svg/240px-Syria%2C_administrative_divisions_-_Nmbrs_-_colored.svg.png)
Siria esténdese entre as latitudes 32° e 38° N e as lonxitudes 35° e 43° E. Na súa maior parte consiste nunha chaira árida, non obstante o noroeste do país, que se abeira ó Mediterráneo, é bastante verde. O nordés mailo sur constituían as zonas agrícolas tradicionais.[2] O Éufrates, o río sirio máis importante, cruza o país polo leste.
O clima é seco e quente, os invernos son moderados, mais pola elevación do país por veces neva no inverno.[2].
- Véxase: Economía de Siria.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sirio.
- ↑ 2,0 2,1 National Council of Geography Teachers (U.S.) (1928). The Journal of Geography. The Journal of geography. p. 167.