gl.wikipedia.org

Sistema trifásico - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Atención!

Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.

WP:NON#MANUAL

Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e mellóreo de acordo coas indicacións.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2018)

Formas de onda dun sistema trifásico
120 grados ou {\displaystyle {\frac {2}{3}}\pi } radiáns de desfase.
Torre de alta tensión con dúas liñas trifásicas.

O sistema trifásico de produción, distribución, transformación e consumo de enerxía eléctrica está formado por tres correntes alternas monofásicas de igual frecuencia e amplitude (e valor eficaz) pero que presentan un desfase entre elas de 120°. Cada unha das correntes monofásicas que forman o sistema trifásico desígnase cun nome de fase e cunha cor diferenciadora.

O sistema trifásico ten unha serie de ventaxes como son a economía das liñas de transporte de enerxía (cables de menor sección que nunha liña monofásica equivalente en potencia) e dos transformadores utilizados, así como o mellor rendimento dos receptores, especialmente motores, aos que a liña trifásica alimenta con potencia constante e non pulsada, como no caso da liña monofásica.

O sistema de tres fases foi inventado por Galileo Ferraris e Nikola Tesla en 1887 e 1888.

Os xeradores utilizados en centrais eléctricas son trifásicos, os transformadores e a conexión á rede eléctrica tamén deben ser trifásicos (salvo para centrais de pouca potencia). A corrente trifásica emprégase en industrias, onde as máquinas funcionan con motores.

Un xerador de corrente trifásica, o caso máis simple, son tres bobinas dispostas en círculo distanciadas 120° unha doutra. Nesta disposición as bobinas forman un estator (parte fixa) e o imán un rotor central. No caso máis simple, isto faise mediante unha rotación de imán permanente. As voltaxes de CA tenden a alcanzar o seu máximo desplazamento co tempo por cada período engadido secuencialmente. O desplazamento temporal das tensións de fase determínanse polo ángulo de fase.

Os tres condutores que se empregan como terminais de conexión son chamados comunmente e abreviado como L1 (negro), L2 (marrón) e L3 (gris). Antes, tamén se denominaba a estes condutores de fase coas iniciais R, S e T, do alemán Rot (vermello), Schwarz (negro) e Tail (verde). Nos E.U.A. chámanse A, B e C.

Cores empregadas en electricidade para identificar cables
Norma L1 L2 L3 Neutro Terra
Alemaña R S T
EUA

Unión Europea Unión Europea CENELEC IEC 60446
España España REBT 2002
Antiga URRS (Rusia, Ucraína, Kazakhstan) antes 2009, China (GB 50303-2002 Sección 15.2.2)
Noruega Noruega


Esquema elemental dun xerador trifásico. O imán permanente xiratorio produce nas bobinas mediante indución as voltaxes L1, L2 e L3. (Conexión en estrela)
Conexionado do borneiro dun motor en estrela.
Conexionado do borneiro dun motor en triángulo.

A corrente trifásica ten propiedades que a fan moi ventaxosa nun sistema de enerxía eléctrica:

  • As correntes de fase tenden a cancelarse entre si, sumando cero no caso dunha carga equilibrada lineal. Isto fai que sexa posible eliminar ou reducir o tamaño do condutor neutro; todos os condutores de fase levan a mesma corrente e polo tanto pode ser da mesma sección, para unha carga equilibrada.
  • A transferencia de potencia a unha carga equilibrada lineal é constante, o que axuda a reducir as vibracións do motor e xerador.
  • Os sistemas trifásicos poden producir un campo magnético que xira nunha dirección especificada, o cal simplifica o deseño dos motores eléctricos.
  • O conexionado en estrela (representado por Y), chámase así á conexión cun punto medio común conectado a un condutor neutro chamado N (de cor azul). Isto fai a carga eléctrica uniforme das tres fases.
  • Conexionado en triángulo (símbolo Δ), no que non hai punto neutro.

Nas placas de especificacións dos motores eléctricos indícase o tipo de conexionado. Nos motores tamén empréganse os dous conexionados. O arranque inicial faise en estrela e despois dun tempo pasa a conexión en triángulo. Para facer o cambio de xiro no motor invírtense o conexionado de dúas das fases.

Nas redes de baixa tensión en Europa a voltaxe de uso común, o valor nominal, é de 230 V. Tensión entre fase e neutro. Nos sistemas trifásicos o valor efectivo da tensión de liña para sistemas de baixa tensión utilizados en Europa son 400 Voltios trifásicos, tensión medida entre dúas fases calquera.

Voltaxe e frecuencias nos distintos países do mundo:
     220-240 V/60 Hz      220-240 V/50 Hz      100-127 V/60 Hz      100-127 V/50 Hz

Sistema trifásico de tensións:

{\displaystyle v_{L1}(t)=V_{P}\cos \left(\omega t\right)\,\!} (Tensión instantánea da Fase 1)
{\displaystyle v_{L2}(t)=V_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {2}{3}}\pi \right)\,\!} (Tensión instantánea Fase 2, desfasada 120 grados)
{\displaystyle v_{L3}(t)=V_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {4}{3}}\pi \right)\,\!} (Tensión instantánea Fase 3, desfasada 240 grados)
Vp= Voltaxe de Pico

Para carga balanceada, en cada fase hai impedancia:

{\displaystyle Z=|Z|e^{j\varphi }\,}

A corrente de pico será (Lei de Ohm):

{\displaystyle I_{P}={\frac {V_{P}}{|Z|}}}

E as correntes instantáneas en cada fase serán:

{\displaystyle i_{f1}(t)=I_{P}\cos \left(\omega t-\varphi \right)}

{\displaystyle i_{f2}(t)=I_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {2}{3}}\pi -\varphi \right)}

{\displaystyle i_{f3}(t)=I_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {4}{3}}\pi -\varphi \right)}

As potencias instantáneas nas fases son:

{\displaystyle p_{f1}(t)=v_{f1}(t)i_{f1}(t)=V_{P}I_{P}\cos \left(\omega t\right)\cos \left(\omega t-\varphi \right)}

{\displaystyle p_{f2}(t)=v_{f2}(t)i_{f2}(t)=V_{P}I_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {2}{3}}\pi \right)\cos \left(\omega t-{\frac {2}{3}}\pi -\varphi \right)}

{\displaystyle p_{f3}(t)=v_{f3}(t)i_{f3}(t)=V_{P}I_{P}\cos \left(\omega t-{\frac {4}{3}}\pi \right)\cos \left(\omega t-{\frac {4}{3}}\pi -\varphi \right)}

Usando identidades trigonométricas:

{\displaystyle p_{f1}(t)={\frac {V_{P}I_{P}}{2}}\left[\cos \varphi +\cos \left(2\omega t-\varphi \right)\right]}

{\displaystyle p_{f2}(t)={\frac {V_{P}I_{P}}{2}}\left[\cos \varphi +\cos \left(2\omega t-{\frac {4}{3}}\pi -\varphi \right)\right]}

{\displaystyle p_{f3}(t)={\frac {V_{P}I_{P}}{2}}\left[\cos \varphi +\cos \left(2\omega t-{\frac {8}{3}}\pi -\varphi \right)\right]}

A suma para a potencia instantánea total será:

{\displaystyle p_{TOTAL}(t)={\frac {V_{P}I_{P}}{2}}\left\{3\cos \varphi +\left[\cos \left(2\omega t-\varphi \right)+\cos \left(2\omega t-{\frac {4}{3}}\pi -\varphi \right)+\cos \left(2\omega t-{\frac {8}{3}}\pi -\varphi \right)\right]\right\}}

Como os termos en corchetes constitúen un sistema trifásico simétrico, suman cero e a potencia total resulta constante:

{\displaystyle P_{TOTAL}={\frac {3V_{P}I_{P}}{2}}\cos \varphi }

Substituíndo a corrente de pico:

{\displaystyle P_{TOTAL}={\frac {3V_{P}^{2}}{2|Z|}}\cos \varphi }

Triángulo de Potencias

A tensión en cada fase será:

{\displaystyle U=2\times V\times \cos(\pi /6)={\sqrt {3}}V}

A relación de potencias será (S potencia aparente VA):

P ={\displaystyle {\sqrt {3}}U_{L}I_{F}\cos \theta } para a potencia activa (W),

e

Q ={\displaystyle {\sqrt {3}}U_{L}I_{F}\sin \theta } para a potencia reactiva (VAr).


Exemplo práctico:
Así nun sistema de distribución eléctrico trifásico de 400 voltios entre fases
a tensión medida entre unha das tres fases calquera e o neutro será:

{\displaystyle {\frac {400}{\sqrt {3}}}=230} voltios, que é a tensión de uso doméstico en Europa.
  • Campo magnético dun motor trifásico síncrono
  • Secuencia e magnitude dos campos magnéticos das bobinas.

    Secuencia e magnitude dos campos magnéticos das bobinas.

  • Representación da suma de vectores, describe un círculo perfecto.

    Representación da suma de vectores, describe un círculo perfecto.

  • Sección dun Motor trifásico

    Sección dun Motor trifásico

  • Conexionado estrela-triángulo dun motor trifásico.

    Conexionado estrela-triángulo dun motor trifásico.

  • Inversor de Xiro con Estrela Triángulo.

    Inversor de Xiro con Estrela Triángulo.