Tiranicidio - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c5/FirstCommitteeGreatSealReverseLossingDrawing.jpg/220px-FirstCommitteeGreatSealReverseLossingDrawing.jpg)
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/El_padre_Juan_de_Mariana_%28Museo_del_Prado%29.jpg/220px-El_padre_Juan_de_Mariana_%28Museo_del_Prado%29.jpg)
O tiranicidio[1] é darlle morte a un tirano, é dicir, ao gobernante ou dirixente que deixou o seu rol de líder e protector e se converteu en criminal. É un termo que vén da Antiga Grecia. Por exemplo, desígnase como «tiranicidas» a Harmodio e Aristoxitón, considerados heroes e tratados como mártires da liberdade tras o derrocamento de Hipias. A teorización na época posterior inclúe o seu debate na escolástica medieval (Tomé de Aquino) e moderna (Juan de Mariana). Este último foi posibelmente un dos precedentes intelectuais das revolucións burguesas inspiradas no liberalismo clásico, ao permitir moralmente o dereito de rebelión contra un poder opresivo, e mesmo o rexicidio ou morte do rei, en particular pola Revolución francesa. O tiranicidio é un dos tópicos da Independencia de Estados Unidos, que inclúe algunhas anécdotas sobre a apoloxía a eliminar os tiranos. Un exemplo é a frase «A árbore da liberdade debe ser regado co sangue dos patriotas e dos tiranos», atribuída a Thomas Jefferson, ou o lema do estado de Virxinia, Sic semper tyrannis (Así sempre aos tiranos), por suxestión de George Mason.
O concepto do tiranicidio serve para a xustificación moral de certos actos que xuridicamente se coñecen como magnicidio, o asasinato dun gobernante ou figura notábel. Moral e tacticamente, o tiranicidio significa que ao ferir só o déspota non se sacrifican inocentes, o que substitúe a revolución e a guerra civil.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiranicidio.