Trambaix - Wikipedia, a enciclopedia libre

O Trambaix é a denominación que recibe a rede de tranvía xestionada por Trammet que conecta o Baix Llobregat con Barcelona (distrito de Les Corts) e transporta unha media de 50.000 viaxeiros por día laborable. Abriu ao público o 3 de abril de 2004 nun fin de semana de portas abertas durante o cal os cidadáns podían usalo libremente.
Ten un total de tres rutas denominadas T1, T2 e T3 que empezan o percorrido na plaça de Francesc Macià en Barcelona e diríxense cara a L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat, Cornellà de Llobregat, Sant Joan Despí e Sant Just Desvern. A rede ten unha lonxitude de 15'1 km en vía dobre, 29 paradas e 3 intercambiadores.[1]
O tranvía circula por unha plataforma reservada, salvo os cruces con outros viarios, e dunha regulación semafórica que podería facer superar os 20 km/h de velocidade comercial. Actualmente a media de todos os servizos ten unha velocidade comercial de 18 km/h, por diante dos 12 km/h dos autobuses urbanos, e inferior a 29 km/h do metro de Barcelona.
Percorrido
[editar | editar a fonte]
As tres liñas do Trambaix teñen un tramo común entre Francesc Macià e Montesa. En Montesa a T3 bifúrcase cara a Sant Feliu|Consell Comarcal pasando por Hospital Sant Joan Despí-TV3 (antes Sant Martí de l'Erm). A T1 e a T2 comparten un tramo desde o Pedró ata a finalización da T1 en Bon Viatge e a T2 segue ata finalizar o seu percorrido en Llevant-les Planes (antes Sant Martí de l'Erm).
Estación | Correspondencia | Liñas | Tipo de enlace |
---|---|---|---|
Maria Cristina | ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
directo |
Palau Reial | ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
directo |
Zona Universitària | ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
próximo |
Avinguda de Xile | ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
en obras |
Ernest Lluch | ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
en obras |
Can Rigal | ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
próximo (5 min) |
Cornellà Centre | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() ![]() |
directo |
La Fontsanta | ![]() ![]() ![]() |
![]() |
próximo |

Notas
[editar | editar a fonte]
- ↑ "TRAM" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de abril de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]