Urban Trad - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Urban Trad | |
---|---|
![]() Urban Trad nun concerto no 2006 | |
Orixe | ![]() |
Período | 2000-2012 |
Xénero(s) | Folk New Age |
Selo(s) discográfico(s) | Coop Breizh |
Membros | Yves Barbieux Sophie Cavez Verónica Codesal Soetkin Collier Philip Masure Michel Morvan (†) Dirk Naessens Cédric Waterschoot |
Antigos membros | Didier Laloy Marie-Sophie Talbot Perry Rose |
Na rede | |
http://www.urbantrad.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |

Urban Trad é un grupo belga fundado no ano 2000, que interpreta música baseada nos sons tradicionais dos folcores europeos, predominando a música celta. Un dos seus membros, Verónica Codesal, é unha cantante galega filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica. As seccións rítmicas modernas, ó tempo que o rock e música electrónica, achegan o toque actual ás súas composicións.
Urban Trad representou a Bélxica no Festival de Eurovisión 2003 con Sanomi, unha canción interpretada nunha lingua imaxinaria. Esta permitiulles non ter que escoller entre as linguas nacionais de Bélxica (francés, neerlandés e alemán). Con Sanomi, o grupo acadou a segunda posición no certame celebrado en Riga (Letonia), a só dous puntos do gañador dese ano, Turquía.
- Yves Barbieux: frautas e gaita
- Verónica Codesal: voz
- Soetkin Collier: voz
- Sophie Cavez (anteriormente Didier Laloy): acordeón diatónico
- Philip Masure: guitarra acústica
- Michel Morvan: Tambores (finado o 3 de xullo de 2010)
- Dirk Naessens: violín
- Marie-Sophie Talbot: voz, piano e percusión
- Cedric Waterschoot: baixo
Ano | Título | Clasificación |
---|---|---|
![]() | ||
2001 | One O Four | - |
2003 | Kerua | 4 |
2004 | Elem | 47 |
2007 | Erbalunga | 32 |
Ano | Título | Clasificación |
---|---|---|
![]() | ||
2010 | Urban Trad : The Best Of | - |