En varios alfabetos asiáticos, os versos son escritos en vertical. Así, as formas da poesía clásica chinesa determinan a métrica, lonxitude e número de versos da composición.
Un verso (do participio do latínvertere > versus, que significa "volto" da raíz indoeuropea*wer, dobrar; por oposición a prorsus, de onde vén prosa, que significa "todo seguido")[1][2][3][4] é un conxunto de palabras suxeitas a medida, ritmo e cadencia, ou só a cadencia, en contraposición á prosa, que non está sometida habitualmente a estes procedementos. Adoita ser a canle formal habitual de expresión da poesía lírica.
Convén distinguir claramente entre verso, que é unha forma literaria, e poesía lírica, que é un xénero literario. Se temos clara esta definición, entenderemos por que pode haber e hai, por exemplo, obras narrativas, dramáticas e didácticas escritas en verso e, inversamente, que existan poemas escritos en prosa no canto de en verso.[5]
Compuxéronse versos en distintas culturas sempre en torno a un recurso literario concreto: así, a poesía hebrea compuxo versos fundándose só no paralelismo semántico. A poesía xermánica medieval, pola contra, fundábase na aliteración de polo menos tres palabras por cada verso e a poesía grecolatina clásica na repetición dunhas secuencias determinadas de sílabas longas e breves e a poesía europea tradicional na rima e o ritmo acentual. Por outra banda, o rexeitamento que as vangardas europeas do século XX, especialmente o Surrealismo, experimentaron pola tradición literaria, ata a métrica, introduciu un tipo de verso máis extenso, o versículo, que non rima nin posúe ritmo acentual, senón que funda a súa poeticidade en repeticións de motivos e campos semánticos.
Fernando Pessoa dicía no seu Libro do desasosego que a poesía se atopaba entre a prosa e a música. É así en tanto que o verso é unha prosa provista dalgúns dos elementos que forman a música, grazas ao cal toda canción con letra ha de estar escrita en verso para poderse adaptar á música instrumental. Eses elementos que adquire o verso da música son o tempo, o ritmo, o compás e a melodía. O tempo vén dado por unha velocidade de enunciación marcada polo número fixo de sílabas da recitación, o ritmo pola colocación ou situación fixa de determinados acentos, o compás pola alternancia de diferentes tipos de versos e estrofas e a melodía pola repetición dunha rima ou un refrán ou bordón concreto.
O verso adoita darse dentro dunha estrutura literaria fixa que se compón dunha métrica definida, un ritmo conseguido pola colocación das sílabas tónicas e átonas e unha rima recorrente; a estas secuencias fixas chámaselles estrofas. A disciplina que estuda as clases de versos e estrofas denomínase métrica.
Existe unha gran variedade de estruturas no verso, comezando por unha división inicial entre verso rimado ou con rima e o verso solto ou verso branco sen rima, pero cun número fixo de sílabas e cuns acentos concretos. Por outra banda, o verso libre é un verso sen rima nin cantidade preestablecida de sílabas.
A creación do verso remóntase cara ás composicións gregas clásicas, en que o verso non era rimado, senón que consistía na repetición de determinada secuencia de sílabas longas e breves e o compás acentual ou ictus.[6] Antes podemos encontrar precursores dos versos rimados en estruturas fonéticas repetitivas, en composicións como o poema de Gilgamesh ou en sarcófagos exipcios, por exemplo no "Himno a Osiris".
O verso rimado ten unha orixe probable na rexión da Península Itálica no medievo, onde nacen composicións versificadas que persisten ata hoxe en día como no soneto, a canción ou o madrigal.[7] Do latín vulgar, o seu paso ás linguas romances é sinxelo e atópanse composicións versificadas en rima e con metro dende o principio do idioma galego.
Verso acataléctico: verso grego ou latino que ten cabais tódolos seus pés.
Verso adónico: verso da poesía grega e latina, que consta dun dáctilo e un espondeo, e úsase xeralmente en combinación cos sáficos, de tres dos cales vai precedido en cada unha das estrofas de que forma parte.
Verso agudo: Verso da poesía española, que consta de cinco sílabas, a primeira e a cuarta longas, e breves as demais, e ten o mesmo emprego que o adónico antigo e que termina en palabra aguda.
Verso alcaico: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, ou ás veces dun iambo, doutro iambo, dunha cesura e dos dáctilos. Outro verso do mesmo nome consta de dous dáctilos e dous troqueos.
Alexandrino: de catorce sílabas, dividido en dous hemistiquios.
Le Pèlerinage de Charlemagne, primeira composición onde aparecen versos alexandrinos.Verso amebeo: Cada un dos de igual clase, con que falan ou cantan a competencia e alternativamente os pastores que se introducen nalgunhas églogas, como na terceira de Virxilio.
Verso amétrico: non se suxeita a unha medida fixa de sílabas.
Verso anapéstico: poesía grega e latina, verso composto de anapestos ou análogos.
Verso asclepiadeo: verso da poesía grega e latina, que se compón dun espondeo, dous coriambos e un pirriquio. Mídese tamén contando un espondeo, un dáctilo, unha cesura e outros dous dáctilos.
Verso asclepiadeo maior: que acaba con dous dáctilos e consta ademais dun espondeo e dous coriambos, ou sexa dun espondeo, un dáctilo, outro espondeo e un anapesto, e asclepiadeo menor.
Verso cataléctico: verso da poesía grega e latina, ao que lle falta unha sílaba ao fin, ou no cal é imperfecto algún dos pés.
Verso dactílico: consta de dáctilos. Verso de arte maior, de doce sílabas, que consta de dous hemistiquios.
Máis de oito sílabas:
De arte maior castelán normalmente dodecasílabo, con dous hemistiquios, en cada un dos cales dáse a combinación de dúas sílabas átonas entre outras dúas tónicas.
De arte menor, redondilla maior ou menor.
Menos de oito sílabas:
Verso de cabo roto, suprimida ou cortada a sílaba ou sílabas que seguen á última acentuada.
Verso espondaico, hexámetro que ten espondeos en determinados lugares.
Falecio hendecasílabo que se compón de cinco pés. O primeiro espondeo, o segundo dáctilo, e troqueos os demais.
Ferecracio verso composto de tres pés, espondeos o primeiro e terceiro, e dáctilo o segundo.
Gliconio, composto de tres pés, un espondeo e dous dáctilos. O primeiro é tamén ás veces iambo ou coreo.
Verso heroico. En cada idioma tense por máis á mantenta para ser empregado na poesía desta clase; p. ex., na lingua latina o hexámetro e na española o hendecasílabo.
Un "dáctilo" é un ritmo en poesía composto dun son longo, seguido de dous curtos, similar á estrutura das falanxes nun dedo.Hexámetro consta de seis pés, cada un dos catro primeiros espondeo, ou dáctilo, dáctilo o quinto, e o sexto espondeo.
Pentámetro, composto dun dáctilo ou un espondeo, doutro dáctilo ou outro espondeo, dunha cesura, de dúas dáctilos e doutra cesura. Mídese tamén contando logo dos dous primeiros pés un espondeo e dous anapestos.
Verso crebado de catro sílabas cando alterna con outros máis longos.
Verso ropálico, cada palabra ten unha sílaba máis que a precedente.
Verso sáfico composto de once sílabas distribuídas en cinco pés, dos cales son, por regra xeral, troqueos o primeiro e os dous últimos, espondeo o segundo, e dáctilo o terceiro. Na poesía española, verso que consta de once sílabas, como o grego e latino, e cuxos acentos métricos estriban na cuarta e a oitava. É máis cadencioso e ten maior semellanza co sáfico antigo cando a súa primeira sílaba é longa.
Verso senario de seis pés, e especialmente o iámbico desta medida.
Verso solto, non forma con outro rima perfecta nin imperfecta.
Trímetro verso composto de tres pés, e tamén o composto de tres dipodias, ou sexa de seis pés, como o trímetro iámbico ou senario.
Trocaico verso que consta de sete pés, dos cales os uns son troqueos e os demais espondeos ou iambos, ao arbitrio.
Iámbico verso en que entran iambos, ou que se compón exclusivamente deles.
Fesceninos, versos obscenos inventados na cidade de Fescenio e que adoitaban cantarse na antiga Roma.
pareados os dous versos que van unidos e aconsonantados, coma os dous últimos da oitava.
↑A partir da mesma raíz etimolóxica, en lingua galega "verso" tamén ten a acepción literal, sinónimo de "dorso".
↑"verso". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-15.
↑"VERSO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras(en castelán). Consultado o 2024-12-15.
↑"PROSA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras(en castelán). Consultado o 2024-12-15.
↑A literatura medieval itálica, primeiro co Dolce Stil Novo no s. XIII e despois con poetas como Dante Alighieri, Petrarca e Boccaccio, sofisticaron e estandarizaron a rima. Porén, isto foi moitos séculos despois de exemplos máis antigos de poesía rimada no Oriente Medio e en outras culturas antigas.