Vestal - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As vestais eran as sacerdotisas consagradas ao culto da deusa romana Vesta. Eran seleccionadas entre as máis fermosas rapazas con idades comprendidas entre os seis e os dez anos (probablemente para asegurar a súa virxindade). As vestais estaban nunha posición social bastante elevada,[1] tiñan moitos privilexios e ademais podían testar e ter posesións (cousa que ningunha outra muller podía facer). O seu servizo duraba trinta anos, despois quedaban libres e incluso podían casar.
- ↑ Graham Land (30-3-2015). "The Vestal Virgins: Rome’s Most Independent Women". Made From History (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18-02-2018. Consultado o 17-2-2017.