Vila Real de Santo António - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | Portugal | ||
Distritos | Distrito de Faro ![]() | ||
Contén a división administrativa | Monte Gordo (pt) | ||
Poboación | |||
Poboación | 19.156 (2011) ![]() | ||
Xeografía | |||
Superficie | 62 km² ![]() | ||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Día festivo | |||
Santo padrón | Santa María ![]() | ||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 8900 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 281 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | |||
Sitio web | cm-vrsa.pt ![]() |

Vila Real de Santo António é unha cidade portuguesa no Distrito de Faro, na rexión e subrexión do Algarve, no extremo sueste, na foz do río Guadiana. Ten cerca de 10.500 habitantes.
É sede dun pequeno municipio con 57,53 km² de área e 18.158 habitantes (2004), subdividido en 3 freguesías. É un dos poucos municipios de Portugal territorialmente descontinuos, dividíndose nunha porción occidental, a freguesía de Vila Nova de Cacela, e unha porción oriental, onde se sitúan a cidade e máis Monte Gordo. A parte oriental está limitada no norte e oeste polo municipio de Castro Marim, no leste polo Río Guadiana, que define a fronteira con España, e polo sur o litoral do océano Atlántico; a parte occidental está limitada polo norte e leste por Castro Marim, no oeste por Tavira e no sur ten litoral co océano Atlántico.
As freguesías de Vila Real de Santo António son as seguintes:
A construción de Vila Real de Santo António foi planeada no final do século XVIII por Marqués de Pombal, como garantía de poboamento xunto á fronteira española, sucedendo á antiga localidade de pescadores denominada Santo António da Arenilha. A súa planta presenta estrutura cuadrilátera regular, tal como a Baixa de Lisboa.
- Igrexa de Nosa Señora da Asunción (Cacela Velha)
- Fortaleza de Cacela
- Centro histórico pombalino de Vila Real de Santo Antonio