William Booth - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1829 ![]() Nottingham, Reino Unido ![]() |
Morte | 20 de agosto de 1912 ![]() Hadley Wood, Reino Unido (en) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Abney Park ![]() |
General of The Salvation Army (en) ![]() | |
1878 – 20 de agosto de 1912 ← sen valor – Bramwell Booth (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Metodismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo ![]() |
Membro de | |
Influencias | James Caughey (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Catherine Booth (1855–) ![]() |
Fillos | Bramwell Booth, Ballington Booth, Kate Booth, Emma Booth, Herbert Booth, Marie Booth, Evangeline Booth, Lucy Booth ![]() |
Descrito pola fonte | Encyclopedia of Modern Christian Politics (2006 ed.) (en) ![]() Obálky knih, ![]() The Nuttall Encyclopædia >>>:Booth, William ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
William Booth, nado preto de Nothingham o 10 de abril de 1829 e finado o 20 de agosto de 1912 en Hadley Wood, Londres, foi o fundador e primeiro xeneral (1878-1912) do Exército de Salvación.
Tras experimentar o novo nacemento contra 1844, comprometeuse como pastor metodista para máis tarde iniciarse como misioneiro independente. En 1865, iniciou, xunto coa muller, Catherine, un movemento misioneiro no East End de Londres, a zona socialmente máis deprimida da cidade; o grande éxito do seu movemento relixioso entre os máis desposuídos levou as súas actividades máis aló dos barrios pobres de Londres, ata transformalo no recoñecido The Salvation Army (Exército de Salvación) a partir de 1878. No momento da súa morte, o seu movemento propagábase con forza incluso alén das fronteiras do Imperio Británico.