Wuhan - Wikipedia, a enciclopedia libre
武汉 (zh) ![]() | |||
Localización | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | República Popular da China | ||
Provincias da República Popular da China | Hubei ![]() | ||
Capital de | |||
Contén a división administrativa | Caidian District (en) | ||
Poboación | |||
Poboación | 12.326.518 (2020) ![]() | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Superficie | 8.569,15 km² ![]() | ||
Bañado por | Río Yangtzé ![]() | ||
Altitude | 37 m ![]() | ||
Datos históricos | |||
Precedido por | Wuhan (en) | ||
Organización política | |||
• Xefe do goberno | Cheng Yongwen (en) ![]() ![]() | ||
Órgano lexislativo | Wuhan Municipal people's Congress (en) ![]() ![]() | ||
Membro de | |||
Identificador descritivo | |||
Código postal | 430000 ![]() | ||
Fuso horario | |||
Prefixo telefónico | 027 ![]() | ||
Outro | |||
Irmandado con | Pittsburgh | ||
Sitio web | wuhan.gov.cn ![]() | ||
![]() |
Wuhan (chinés simplificado: 武汉市, chinés tradicional: 武漢市, pinyin: Wǔhàn shi) é a capital da provincia de Hubei, República Popular da China. Situada na confluencia dos ríos Yangtzé e Han, ten 8.310.000 habitantes. Entre 1925 e 1930 Wuhan foi a capital do goberno nacionalista chinés de Wang Jingwei oposto a Chiang Kai-shek.
En realidade Wuhan é a unión de tres cidades Wuchang, Hanyang e Hankou.[Cómpre referencia] A Torre da Grúa Amarela, construída no ano 223, é un dos símbolos da cidade.[Cómpre referencia] Sufriu un incendio en 1884 e unha reconstrución completa en 1981.[Cómpre referencia]
Wuhan é o centro xeográfico da China histórica, a metade de camiño na ruta norte-sur entre Pequín e Cantón, xusto no cruzamento do río Yangtzé, a gran ruta fluvial leste-oeste entre Sichuan (Chongqing) e a costa (Shanghai).
Así, dende o 1500 a.C., ao comezo da dinastía Shang, establécese un centro de trasporte fluvial chamado Panlong (no moderno suburbio de Huangpi, ao norte da cidade actual), a primeira cidade daquela dinastía na cunca do río Azul[1].
Pertencente ao estado de Chu por tanto tempo coma o da dinastía dos Zhou Orientais (770 a.C.-221 A.C.), a cultura Chu converteuse no fundamento da actual na rexión da capital. No século III a.C., durante o período dos Reinos combatentes, construíronse dúas fortalezas en dous promontorios a cada lado do Yangtze: o da beira esquerda (oeste) semella unha tartaruga (Guishan), e o da beira dereita (leste) unha serpe (Sheshan) bebendo na auga. Na protección deste vai nacer a cidade de Wuchang e na do primeiro a de Hanyang.
No final da dinastía dos Han Orientais (25-220 d.C) xurdiu ao norte do Outeiro da Tartaruga un activo porto chamado Queyue (antecedente de Hanyang). Foi fortificado con murallas no 206. Por esa época (208), a épica batalla dos Cantís Vermellos, augas arriba do río Azul, marcou o fin da dinastía Han e o comezo do período dos Tres Reinos. En 222 Sun Quan, rei de Wu, move a súa capital a Xiakou (a base do seu exército na campaña militar) renomeándoa Wuchang, construíndo fortes e pazos e, no 223, cercándoa cunha muralla.[Cómpre referencia] Nese ano erixe a famosa Torre da Grúa Amarela (unha ducia de veces reconstruída), que domina ata hoxe o gran río dende o Outeiro da Serpe[2]. A vella Wuchang é unha cidade con estaleiros, metalurxia, cuñaxe de moeda e manufactura de porcelana branca. De calquera maneira, a partir do século IV, a capitalidade volta a Nanjing e as dúas cidades do curso medio teñen un lento desenvolvemento ata a época Tang (618-907) e Song (960-1279).
Foi despois que, durante a dinastía Sui, no 606, se fundase Hanyang, seica ó sur do Outeiro da Tartaruga e na beira norte do río Han, o maior afluente do Yangtze, que daquela alí desembocaba. O seu florecemento coma centro comercial e artesanal da rexión deu pulo ao enclave [1][Ligazón morta].
Na época da dinastía Yuan (1279-1368) Wuchang convértese en capital provincial do imperio e arrodéase de novas murallas [2][Ligazón morta] reforzando o carácter de centro administrativo que vai manter ata hoxe.
En 1474 o río Han cambia de súpeto de curso cara ao norte. Os suburbios máis setentrionais de Hanyang quedan separados, o que de feito constitúe o punto de partida dunha nova cidade, a terceira no lugar, que co tempo chamarase Hankow.
A engalaxe de Hankow como porto no século XVI e principalmente no XVII veu a expensas do repregue de Hanyang, cuxos anteriores barrios portuarios, agora entupidos, trasladaron alá a súa actividade [3][Ligazón morta][4].
O século XVIII non fixo senón confirmar a Hankow coma base portuaria de referencia no interior da China; o que no XIX a converteu, tralas Guerras do Opio (coa súa destrución xunto á de Hanyang pola rebelión Taiping en 1850 ) e o Tratado de Tianjin (1860), nunha das obrigadas prazas de apertura ao tráfico internacional con concesións estranxeiras asentadas ao longo da ribeira do Yangtzé [5]. Iso converteuna nunha metrópole cosmopolita [6].
A chegada do ferrocarril a fins de século acelerou o crecemento coma nó comercial de transporte.[Cómpre referencia] Tamén se iniciou unha forte industrialización: así, na banda de Hanyang instaláronse un arsenal e unha aceiraría (primeiro fito do futuro siderúrxico da área).[Cómpre referencia]
En 1911 tivo lugar en Wuchang a revolta que remataría o milenario imperio chinés, o derrocamento da dinastía Qin e a proclamación da República da China. Nas décadas turbulentas que seguiron, a cidade foi elixida brevemente (1926) coma capital da nación por unha das faccións, para o que se decidiu en 1927 unir as tres cidades históricas nunha soa entidade administrativa.[Cómpre referencia]
Trala proclamación da República Popular, o primeiro plan quinquenal reforzou o carácter de centro da industria pesada da cidade, e decidiuse construír a primeira ponte sobre o Yangtzé (1957).[Cómpre referencia] Coma peche dun círculo histórico o trazado elixido foi o que unía os Outeiros da Serpe e da Tartaruga [7][Ligazón morta]. Unha segunda ponte entre Hankou e Wuchang foi tendida en 1995 [8]Arquivado 05 de maio de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ Imaxe[Ligazón morta]
- ↑ "Imaxe". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2013.