Xogos Olímpicos de 1932 - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán ![]() |
---|---|
Composto por | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1932 Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1932 lacrosse at the 1932 Summer Olympics + ../... 19 ![]() |
Número de participantes | 37 1.334 ![]() |
Participantes | |
David Cecil, Ralph Metcalfe, Anton Räderscheidt (pt) | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 117 ![]() |
Localización |
Os Ánxeles (Condado dos Ánxeles) Los Angeles Memorial Coliseum (California) ![]() |
País | Estados Unidos de América ![]() |
Intervalo de tempo | 30 de xullo de 1932 – 14 de agosto de 1932 ![]() |
Número de edición | 10 (1932) ![]() |
Aberto oficialmente por | Charles Curtis ![]() |
Xuramento feito por | George Calnan ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… ![]() |
← 1928 1936 |
Os Xogos Olímpicos de 1932 tiveron lugar nos Ánxeles (California) entre o 30 de xullo e o 14 de agosto, coa participación de 1.332 atletas (1.206 homes e 126 mulleres), representando 37 países, en 17 modalidades deportivas.
Após case tres décadas en Europa, os Xogos Olímpicos atravesaron o océano Atlántico e América até a soleada California, a única rexión do país que sobrelevara economicamente a Gran Depresión tralo crack de 1929. Por causa da distancia, o número de participantes foi menor que nos anteriores, mais os Xogos tiveron unha gran calidade técnica, coa superación de 18 récords mundiais, e sendo introducido o límite máximo de tres competidores por país nas probas individuais, regra que perdura até os nosos días.
Nos Ánxeles foi construída a primeira vila olímpica verdadeira da historia, composta de setecentos chalés e disposta nunha área adxacente ó monumental estadio Memorial Colyseum, sede dos Xogos. Os organizadores tamén introduciron nestes Xogos os máis modernos servizos de cronometraxe e fotografía electrónica da chegada da época, construíron a máis espectacular e veloz pista de atletismo do mundo, e crearon un proceso rápido e profesional de divulgación dos resultados para a prensa, alén da transmisión simultánea de toda a competición por dúas emisoras de radio.
Todos os eventos foron disputados no prazo de dúas semanas sen interrupción, o que a partir deste momento guiaría o sistema de disputa dos Xogos Olímpicos.

Cadro de Medallas | ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | ![]() |
![]() |
![]() |
Total |
1 | ![]() |
41 | 32 | 30 | 103 |
2 | ![]() |
12 | 12 | 12 | 36 |
3 | ![]() |
10 | 5 | 4 | 19 |
4 | ![]() |
9 | 5 | 9 | 23 |
5 | ![]() |
7 | 7 | 4 | 18 |
6 | ![]() |
6 | 4 | 5 | 15 |
7 | ![]() |
5 | 8 | 12 | 25 |
8 | ![]() |
4 | 7 | 5 | 16 |
9 | ![]() |
3 | 12 | 5 | 20 |
10 | ![]() |
3 | 1 | 1 | 5 |