Zacatecas - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización | ||
---|---|---|
| ||
Estado | México | |
Estado federado | Estado de Zacatecas | |
Concello | Zacatecas (en) ![]() ![]() | |
Capital de | ||
Poboación | ||
Poboación | 149.607 (2020) ![]() | |
Xeografía | ||
Parte de | ||
Superficie | 356,14 km² ![]() | |
Altitude | 2.440 m ![]() | |
Organización política | ||
Membro de | ||
Identificador descritivo | ||
Código postal | 98000 ![]() | |
Fuso horario | ||
Prefixo telefónico | 492-xx-xxx-xx ![]() | |
Outro | ||
Irmandado con | Málaga | |
Sitio web | capitalzacatecas.gob.mx ![]() | |
![]() |
![](https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/CISOL_2017_-_31.jpg/220px-CISOL_2017_-_31.jpg)
Zacatecas é a capital do estado de Zacatecas, en México, unha cidade fundada o 8 de setembro de 1546 a partir do descubrimento de minas de prata por Juan de Tolosa. A súa riqueza mineral deulle grandes ingresos á Coroa Española, o que fixo posible que recibira o título de Cidade da Nosa Señora dos Zacatecas. Coa veciña cidade de Guadalupe forma unha zona metropolitana, a máis poboada do estado.
A cidade ostenta os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade de Zacatecas, outorgamento dado polo rei Filipe II de España o día 20 de xuño de 1588 en San Lorenzo de El Escorial, Madrid.[1]
En 1993, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia. O 23 de xuño de 2010 foi nomeada "cidade heroica" pola LX Lexislatura do Poder Lexislativo do Estado de Zacatecas e publicado o bando solemne polo Concello o 10 de novembro do mesmo ano.[2]
- ↑ Temas Zacatecanos. Federico Sescosse Lejeune. Sociedad Amigos de Zacatecas. 1985. Zacatecas, México.
- ↑ El mexicano Declaran a Zacatecas "Ciudad Heroica" Arquivado 13 de decembro de 2013 en Wayback Machine., El Mexicano.