pataca doce - Wiktionary
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego


pataca doce (sg: pataca doce; pl: patacas doces)
- (Botánica) Planta herbácea da familia das convolvuláceas que produce tubérculos comestibles (pataca doce2). Ten talo rastreiro e ramalludo, follas alternas, pecioladas, cordiformes ou saxitadas, con frecuencia lobuladas, e flores acampanadas, gamopétalas, xeralmente rosáceas por dentro e brancas por fóra.
- (Alimentación) Tubérculo comestible da pataca doce1, de polpa tenra e azucrada. Fusiforme, duns doce centímetros de lonxitude, pode presentar varias coloracións, frecuentemente parda ou avermellada, máis escura por fóra que por dentro.
Termos relacionados
Traducións
- Nome científico: Ipomoea batatas
- Alemán: Süßkartoffel (de), Batate (de)
- Castelán: batata (es), boniato (es), camote (es)
- Catalán: moniato (ca), batata (ca)
- Francés: patate douce (fr), patate (fr)
- Grego: γλυκοπατάτα (el)
- Inglés: sweet potato (en)
- Italiano: patata dolce (it), patata americana (it), batata (it)
- Portugués: batata-doce (pt)