web.archive.org

Diocleciano - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diocleciano
Diocletien Vaux1.jpg
Nome completoDioclus
Nacemento22 de decembro de 244
 Salona
Falecemento3 de decembro de 311
 Split
SoterradoCatedral de São Dômnio
NacionalidadeRoma Antiga
Relixiónrelixión na Roma antiga
Ocupaciónpolítico
CónxuxePrisca (imperatriz)
FillosGaleria Valeria
editar datos en Wikidata ]

Caius Aurelius Diocles Diocletianus, nado en Dalmacia en 244 e finado en 311, foi un emperador romano, un dos augustos da Primeira Tetrarquía. Rematou coa Crise do Século III (235-284) establecendo un goberno autocrático que sentou os alicerces da segunda fase do Imperio Romano, coñecida como Dominado (fronte ao Principado anterior). As reformas de Diocleciano contribuíron para garantir que o imperio perdurase durante varios séculos.

De baixo nível social, Diocles subiu os chanzos da carreira militar e distinguiuse baixo os emperadores Probo e Aureliano até ser nomeado cónsul. Acusado do asasinato de Numeriano en setembro de 284 xunto co prefecto do pretorio Arruis Aper, matou a este en público e logo de vencer a Carino en Moesia, tornouse o novo emperador (284). Realizou reformas profundas a fin de salvar o imperio da derrocada inminente. Diocleciano tiña tres obxectivos: fortalecer seu poder, reformar os métodos de goberno e rexenerar o exército. Para iso promoveu reformas na administración e no recrutamento militar (dobrando o número de lexións), pasou a usar mercenarios bárbaros e transformou os servizos do exército nas fronteiras en hereditarios. Nese último caso, os soldados non pasaban de servos do Estado, obrigados a loitar a cambio dunha paga fixa e do dereito de ocupar a terra.

O poder autocrático era incompetente para gobernar e defender o inmenso imperio e varias provincias tentaban se liberar e vivir baixo o goberno de emperadores propios. Dada a complexidade dos problemas políticos e administrativos derivados da extensión do Imperio Romano, ben como a necesidade dun sistema organizado para a sucesión dos emperadores, xulgou Diocleciano que a forma de resolver esas cuestións sería dividir de feito (xuridicamente continuaba sendo un) o Imperio Romano en pars Orientis e pars Occidentis. O control da rexión occidental (pars Occidentis) foi transferido para Maximiliano, un xeneral da súa confianza. Reservando a rexión oriental (pars Orientis) para si, Diocleciano non dividiu propiamente o poder co seu compañeiro de armas Maximiliano, pois, na realidade, Diocleciano estaba colocado en posición superior á de Maximiliano. A partir de aí, o Imperio pasou a ter dos Augustos (augustus), cada cal con exército, administración e capital propios, aínda que Diocleciano continuase a ser o xefe do Estado, representando a unidade do mundo romano. Ese sistema ficou coñecido como diarquía.

Posteriormente, o Imperio foi dividido en 101 provincias, agrupadas en doce dioceses reunidas en catro prefeituras. Apartir de entón pasaron a existir catro emperadores, dous deles co título de Augusto e dous co título de César (caesar). Eses eran xefes militares capaces de gobernar e protexer o imperio, adoptados como fillos polos Augustos, a quen sucederían en caso de morte, incapacidade provocada pola vellez ou decorridos vinte anos dos seus gobernos. Os césares, lugar-tenente dos Augustos, tamén posuían capital, exército e administración propios. A esa organización dáse o nome de tetrarquía, pois hai dos Augustos e dous césares.

Diocleciano instaurou o Dominato, ou sexa, unha monarquía despótica e militar, de tipo helenístico. Baixo a influencia de ideas orientais, o Princeps converteuse en Dominus, isto é, en amo ou gobernante absoluto á fronte dunha grande burocracia. O emperador tornábase "señor e deus" e todos que eran admitidos na súa presenza eran obrigados a axeonllarse e beixar a ponta do manto real. Extinguiuse, con iso, o principado: os civís foran derrotados polos militares. Paradoxalmente, a reforma de Diocleciano, continuada polos seus sucesores, ao mesmo tempo que garantiu a estabilidade do Imperio por máis dous séculos, acentuou aínda máis a crise estrutural do Imperio Romano.

Ao aumentar a máquina administrativa e militar do Estado, que consumía recursos inmensos, aumentaba, consecuentemente, a espoliación dos súbditos a través da cobranza de altos impostos. Unha das formas atopadas polas masas populares para fuxir dos pagamentos dos tributos era a mudanza de domicilio e ocupación. A xeneralización dese proceso levou ao autócrata Diocleciano a procurar "fixar" os agricultores, colonos ou arrendatarios sobre as terras que cultivaban, prohibíndoos de abandonalas. Con esa violenta supresión da liberdade individual, o home libre da época se transformou en servo do Estado. Xurdía a servidume. Os ideais greco-romanos dunha comunidade de cidadáns libres desapareceran. Determinou, aínda, que os traballadores urbanos deberían permanecer nas súas profesións, sen o dereito de abandonalas, debendo transmitilas aos descendentes, en carácter obrigatorio. Instituíase, dese modo, un sistema de castas ata entón descoñecido en Roma, co nítido obxectivo de manter estacionaria e inmobilizada a estrutura económica do Imperio. Os cidadáns transformaranse en súbditos dun déspota, servindo aos intereses do Estado. Criou tamén, empresas estatais monopolistas, obxectivando a compra de materias-primas para garantir o aprovisionamento das forzas-armadas. Con Diocleciano, o dirixismo estatal alcanzou seu punto máis elevado.

Diocleciano procurou conter a alta dos prezos e salarios co Edicto Máximo (301). O "conxelamento" da economía acabou fracasando.

Diocleciano rehabilitou as vellas tradicións, incentivando o culto dos deuses antigos. Emprendeu a que é coñecida por algúns historiadores eclesiásticos como a penúltima grande persecución emprendida polo Imperio Romano contra o Cristianismo. Impós o uso do Latín nas provincias do Oriente. Prestixiou as leis romanas.

No 305, conforme establecera, Diocleciano abdicou.

Imperio Romano

Segue a:
Carino
Diocleciano
Precede a:
Segunda Tetrarquía
Primeira Tetrarquía

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]