Accra - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 5°33′00″N 0°12′0″O / 5.55000, -0.20000
Accra | |
---|---|
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Gran Accra |
Distrito | Distrito Metropolitano |
Xeografía | |
Altitude | 61 msnm |
Superficie | 173 km² |
Demografía | |
Poboación | 2 291 352 (2012) |
Densidade | 9 589,2 |
Outros datos | |
Alcalde | Alfred Vanderpuije |
[1] |
Accra[Cómpre referencia] ou Acra[1][2] é a capital de Ghana, e conta cunha poboación de 1 661 400 (2001) e preto de 2´9 millóns na área metropolitana. Está situada na costa do golfo da Guinea. É a maior cidade do país e o seu centro administrativo, de comunicacións e econômico. As industrias principais son as de alimentos, madeira, téxtil, roupas e produtos químicos.
Historia e características[editar | editar a fonte]
A súa orixe remonta a un forte portugués que aquí existiu entre 1557 e 1578. Acra desenvolveuse en torno de fortes británicos e holandeses construídos no século XVII, e baixo a súa protección estableceuse a etnia Ga. En 1877, Acra pasou a ser capital da Costa do Ouro británica. Após a conclusión dun ferrocarril para o interior mineiro e agrícola, Accra tornouse o centro económico de Ghana.
Accra é sede do museo nacional, a Academia de Artes e Ciencias de Ghana, da Universidade de Ghana, e da biblioteca central. Tamén digno de nota é o Forte de Christiansborg, construído por dinamarqueses no século XVII. Nos suburbios de Ghana fica a Achimota School, a principal escola secundaria do país. A Comisión de Defensa da Organización da Unidade Africana (OUA - actual UA, Unión Africana) ten a súa sede en Accra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 103. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Acra (Gana)