web.archive.org

Jamestown, Santa Helena - Wikipedia, a enciclopedia libre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°58′28″S 5°43′5″O / -15.97444, -5.71806

Jamestown, Santa Helena

St-Helena-Jamestown-from-above.jpg

Jamestown desde arriba en 1985
Localización

Topographic map of Saint Helena-en.svg

PaísFlag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio Británico de UltramarSanta Helena, Ascensión e Tristan da Cunha
IllaSanta Helena
Xeografía
Superficie3,6 km²
Demografía
Poboación630 hab. (2016)
Densidade175 hab/km²

Jamestown é a capital do territorio de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha, situada na illa de Santa Helena no Océano Atlántico sur, é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 630 persoas.. Tamén é o principal asentamento histórico da illa e atópase na súa costa noroeste. É o único porto e o centro da rede viaria e de comunicación da illa. Fundouse cando colonos da Compañía Británica das Indias Orientais se instalaron na illa en 1659 e foi ocupada brevemente pola Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1673 antes de ser recuperada. Moitos dos edificios construídos pola Compañía Británica das Indias Orientais na década de 1700 sobreviven e dan á cidade o seu distintivo sabor xeorxiano.

A cidade albergou brevemente a Napoleón en 1815 durante o exilio en Santa Helena e máis tarde serviu como base da Royal Navy para suprimir o comercio de escravos. Non tivo ningún papel durante a Primeira Guerra Mundial e só tivo un papel menor durante a Segunda Guerra Mundial.

Historia e localización[editar | editar a fonte]

Jamestown fundouna en 1659 a Compañía Británica das Indias Orientais e chamouse así por James, Duque de York, o futuro Xacobe II de Inglaterra. Está rodeada por desfiladeiros escarpados. A cidade está caracterizada pola presenza de edificacións de estilo gregoriano e pola súa zona portuaria, que se conserva case en estado orixinal. O lugar máis prominente da cidade é Jacob's Ladder, unha escaleira de man con 699 chanzos construída en 1829, que conecta Jamestown coa guarnición en Ladder Hill, aínda usada na actualidade.

Poboación[editar | editar a fonte]

En 2016, a cidade tiña 630 habitantes,[1] un descenso significativo desde o ano 2008 no que a poboación era de 714 habitantes.[2] A poboación da cidade diminuíu e xa non é o maior asentamento en a illa, superada por Half Tree Hollow, Saint Paul's e Longwood.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "St Helena 2016 Population & Housing: Census Summary Report" (PDF). Census 2016. St Helena Statistics Office. p. 12. Consultado o 21 de novembro de 2016.
  2. "2008 Population Census of St Helena" (PDF). St Helena Government. Consultado o 21 de setembro de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]