Lingua finesa - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Finés 'suomi' | |
---|---|
Falado en: | Finlandia, Suecia, Noruega, Rusia, Estonia |
Rexións: | Finlandia |
Total de falantes: | 6 500 000 |
Posición: | Non está entre os 100 primeiros [1] |
Familia: | Linguas urálicas Linguas ugrofinesas Finés |
Estatuto oficial | |
Lingua oficial de: | ![]() ![]() |
Regulado por: | Instituto de estudios de linguas de Finlandia |
Códigos de lingua | |
ISO 639-1: | fi
|
ISO 639-2: | fin |
SIL: | fin [2]
|
![]() |
O finés[1] é, xunto co estoniano e o húngaro, unha das principais linguas discordantes dentro do monótono panorama indoeuropeo do vello continente. Emparentada fortemente co estoniano e distribuída fundamentalmente en Finlandia, a súa norma estándar baséase principalmente nas variantes xeográficas meridionais, pois antigamente tomábase como referencia a lingua da capital daquela, Turku. Con fortes contactos e influencias do sueco, o rexurdimento da lingua é recente e deuse a raíz da publicación do Kalevala.
Ortografía e fonoloxía: harmonización[editar | editar a fonte]
Debido á súa tardía normativización e á súa falla de continuidade con tradicións escritas previas, a ortografía do finés estandarizouse moi recentemente e non ten tendencias etimolóxicas, senón que tende claramente a representar fonoloxicamente a fala. A lingua ten oito vogais e trece consoantes, o que a coloca entre as linguas europeas con menos fonemas. As vogais palatais son i, e, a, ä da zona central e o, ö, u, y pola rama velar. Tódalas vogais centrais e velares pódense clasificar en parellas cun elemento non labializado (a, o, u) fronte a outro elemento redondeado (ä, ö, y). Isto adoita influír no tipo de sufixos que se lle aplican a cadansúa raíz, pois habitualmente os sufixos teñen dous alófonos segundo as vogais que aparezan na raíz. Cando a raíz está composta só por vogais do grupo a, o, u, o sufixo aparece coma un alófono, mentres que se aparece tamén calquera outra vogal, aplícase o outro alófono: a esta característica chámaselle harmonización. Por exemplo, o sufixo -lainen / -läinen aplícase para crear xentilicios, profesións e substantivos para persoas referidas ó concepto da base, e polo tanto:
- cando se aplica á palabra Suomi, 'Finlandia', resulta suomalainen, 'finlandés';
- cando se aplica á palabra meri, mar, dá meriläinen, 'mariñeiro';
Canto ás consoantes, o máis singular é a ausencia dalgunhas (dalgúns fonemas consonánticos) moi habituais nas linguas románicas ou da nosa contorna máis xeral: o finés por exemplo carece de b (só v) ou de f (agás empréstitos).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O DRAG só admite finés para o idioma. E finlandés, xunto con finés, para relativo ou pertencente a Finlandia.
Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para finés. e Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para finlandés.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Introdución á lingua finesa na web Linguas do mundo e tipoloxía lingüística, da Universidade de Vigo.