Luxemburgo - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 49°48′52″N 06°07′54″L / 49.81444, -6.13167
Este artigo trata sobre o estado soberano de Europa. Para a provincia belga véxase: Provincia de Luxemburgo.
Gran Ducado de Luxemburgo | ||
---|---|---|
Groussherzogtum Lëtzebuerg Grand-Duché de Luxembourg Großherzogtum Luxemburg | ||
| ||
Lema: Mir wëlle bleiwe wat mir sinn (luxemburgués: Queremos permanecer sendo o que somos) | ||
Capital • Poboación | Luxemburgo 86 009 (2007) | |
Cidade máis poboada | Luxemburgo | |
Linguas oficiais | Luxemburgués, francés e alemán | |
Forma de goberno | Monarquía constitucional | |
Henrique I Xavier Bettel | ||
• Recoñecida | 11 de maio de 1867 | |
Superficie | Posto 165º | |
• Total | 2 586 km² | |
• % auga | 0 | |
Fronteiras | 359 km | |
Costas | 0 km | |
Poboación | Posto 161º | |
• Total (2007) | 480 000 hab. | |
• Densidade | 174,6 hab./km² | |
PIB (nominal) | Posto 65º | |
• Total (2007) | 50 160 millóns US$ | |
• per cápita | 104 673 US$1 | |
PIB (PPA) | Posto 90º | |
• Total (2007) | 31 376 millóns € | |
• per cápita | 68 500 € | |
Moeda | Euro2 (€, EUR ) | |
IDH (2005) | 0,944 (18º) – alto | |
Xentilicio | Luxemburgués, -esa | |
Fuso horario | CET (UTC+1) | |
• Horario de verán | CEST (UTC+2) | |
Dominio de Internet | .lu | |
Prefixo telefónico | +352 | |
Prefixo radiofónico | LXA-LXZ | |
Código ISO | 442 / LUX / LU | |
Membro de: UE, OTAN, ONU, OCDE, OSCE, COE | ||
1 Luxemburgo é o primeiro país a nivel mundial no PIB per cápita.[Cómpre referencia] | ||
Luxemburgo ( pronunciación (axuda · info)) (en luxemburgués: Lëtzebuerg, en francés: Luxembourg, en alemán: Luxemburg), oficialmente Gran Ducado de Luxemburgo (
pronunciación (axuda · info)) (en luxemburgués: Groussherzogtum Lëtzebuerg, en francés: Grand-Duché de Luxembourg, en alemán: Großherzogtum Luxemburg), é un país de Europa Occidental e forma parte da Unión Europea e da eurozona. Limita ao leste con Alemaña, ao sur con Francia e a oeste e norte con Bélxica. Non ten saída ó mar.
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
A historia rexistrada do Gran-Ducado do Luxemburgo comeza coa construción do Castelo do Luxemburgo na Idade Media. En torno desta fortaleza desenvolveuse gradualmente unha cidade, que se transformou no centro dunha pequena mais importante nación con gran valor estratéxico para Francia, Alemaña e Holanda. Despois de séculos de conquistas e goberno por estados estranxeiros, o Luxemburgo acabou por se tornar nunha nación independente e neutral no século XIX.
Porén, o país foi repetidamente atacado por Alemaña no século XX, o que o levou a abandonar a súa política de neutralidade despois da Segunda Guerra Mundial, cando se tornou nun membro fundador da OTAN, das Nacións Unidas e da Comunidade Económica Europea (máis tarde Unión Europea).
Política[editar | editar a fonte]
Subdivisións[editar | editar a fonte]
Luxemburgo está subdividido en tres distritos, que están dividos en cantóns:
Demografía[editar | editar a fonte]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Luxemburgo é o sétimo país máis pequeno de Europa, atopándose no posto 167 a nivel mundial. O Gran Ducado ten un territorio de carácter montañoso e con extensas masas boscosas. O relevo presenta dúas rexións diferenciadas: no norte, chamado Oesling, esténdense as estribacións meridionais do macizo montañoso das Ardenas, cunha altura máxima de 500 metros, e pola que discorren os afluentes do Mosela. Ao sur, o Gutland, constitúe unha extensa chaira prolongación da conca parisiense. Deste a oeste o país atravesouse polo Sauer (Sûre en francés), afluente do Mosela, que pola súa beira dereita recibe ao Alzette e pola esquerda ao Our e ao Clerf, entre outros.
A paisaxe luxemburgués complétase co curso do Mosela, que discorre polo sector oriental, trazando a fronteira con Alemaña.
O clima é continental, húmido, máis rigoroso nas rexións altas do norte, e máis moderado no sur. As precipitacións anuais son copiosas, os veráns frescos, mentres que os invernos son suaves.
A capital, Luxemburgo é a poboación máis grande do país. Outras cidades importantes son Esch-sur-Alzette, cara ao suroeste da capital e Echternach, ao leste, contra a fronteira con Alemaña.
Economía[editar | editar a fonte]
Cultura[editar | editar a fonte]
A situación lingüística de Luxemburgo é caracterizada pola práctica e o recoñecemento de tres idiomas oficiais: francés, alemán e luxemburgués. O plurilingüismo de Luxemburgo resulta da coexistencia de dous grupos étnicos, un románico e outro xermánico.
Nos primeiros tempos do país, o francés tiña un gran prestixio, e aínda posúe un uso preferente como idioma administrativo e oficial. O alemán foi utilizado no campo político, para formular as leis e ordenanzas co fin de facelas comprensibles a todos. Na escola primaria, a educación estaba limitada ao alemán, mentres que o francés era ensinado na educación secundaria.
A lei do 26 de xullo de 1843 reforzou o bilingüismo introducindo o ensino do francés nas escolas primarias.
O luxemburgués, un dialecto do alemán[Cómpre referencia] moi influído polo francés, nativo da rexión de Mosela, foi introducido na escola primaria en 1912.
Data | Nome en galego | Nome local |
---|---|---|
1 de xaneiro | Aninovo | Neijoerschdag |
febreiro | Entroido | Fuesent |
marzo/abril | Luns de Pascua | Ouschterdag |
1 de maio | Día do Traballo | Dag vun der Aarbecht |
maio | Ascensión | - |
maio | Luns de Pentecoste | - |
23 de xuño | Aniversario do Gran Duque | Nationalfeierdag |
15 de agosto | Asunción de María | Mariä Himmelfahrt |
1 de novembro | Todos os Santos | Allerhellgen |
25 de decembro | Nadal | Chrëschtdag |
26 de decembro | Santo Estevo | Stiefesdag |
Ata 1984, o uso oficial das linguas estaba baseado nos decretos de 1830, 1832 e 1834, os cales permitían elixir libremente entre o francés e o alemán. O francés foi o preferido para a administración. O luxemburgués aínda non tiña status oficial.
A revisión constitucional de 1984 deulles aos lexisladores a posibilidade de regular os idiomas mediante lei. O 24 de febreiro de 1984 unha lei fixo que o luxemburgués fose o idioma oficial: "O luxemburgués é a lingua nacional dos luxemburgueses" di o seu artigo 1. Ademais, esta lei recoñeceu os tres idiomas utilizados (o francés, o alemán e o luxemburgués) como linguas oficiais. O francés aínda permanece como o idioma da lexislación (segundo recolle o artigo 2 da citada norma), debido á aplicación do código civil napoleónico. O artigo terceiro establece como linguas administrativas e xudiciais ao francés, alemán e luxemburgués.
O luxemburgués é ensinado nas escolas, despois do francés e o alemán. É ensinado só unha hora e durante os primeiros anos da escola secundaria. Nas escolas secundarias tamén se ensina inglés e moitas veces un dos seguintes idiomas: latín, español ou italiano. A nivel universitario, o multilingüismo fai posible que os estudantes poidan continuar a súa educación superior en países nos que se fale alemán, francés ou inglés.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|