MusicBrainz - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc.[1] O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.[2]
Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ BBC (ed.). "MusicBrainz". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
- ↑ MusicBrainz (ed.). "Database Statistics". Consultado o 30 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en inglés)