Polonia - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 38°42′N 9°11′O / 38.700, -9.183
República de Polonia | ||
---|---|---|
Rzeczpospolita Polska | ||
| ||
Capital • Poboación | Varsovia 1 724 404 (2013) | |
Cidade máis poboada | Varsovia | |
Linguas oficiais | Polaco | |
Forma de goberno | República parlamentaria | |
Andrzej Duda Mateusz Morawiecki | ||
· Reino de Polonia · Independencia · Declarada | 966 1795 de Rusia, Austria-Hungría e Alemaña 11 de novembro de 1918 | |
Superficie | Posto 70º | |
• Total | 312 679 km² | |
• % auga | 2,6 % | |
Fronteiras | 2 888 km | |
Costas | 491 km | |
Poboación | Posto 34º | |
• Total (2013) | 38 502 396 hab. | |
• Densidade | 123 hab./km² | |
PIB (nominal) | Posto 22º | |
• Total (2007) | 420 284 millóns US$ [1] | |
• per cápita | 11 041 US$ (est.)[1] | |
PIB (PPA) | Posto 21º | |
• Total (2007) | 620 868 millóns US$[1] | |
• per cápita | 16 311 US$ (est.)[1] | |
Moeda | Złoty (PLN) = 100 groszy | |
IDH (2007) | 0,870 (37º) – Alto | |
Xentilicio | Polaco/a[2] ou polonés/a[3] | |
Fuso horario | CET | |
• Horario de verán | CEST | |
Dominio de Internet | .pl | |
Prefixo telefónico | +48 | |
Prefixo radiofónico | 3ZA-3ZZ / HFA-HFZ / SNA-SRZ | |
Código ISO | 616 / POL / PL | |
Membro de: UE, ONU, OTAN, OCDE, OSCE, GV, COE | ||
Polonia[2] (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.679 km² [4], facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes[4], o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa[4]. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.
O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.
O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.
Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).
Índice
Xeografía[editar | editar a fonte]
A súa capital é Varsovia (Warszawa). Cidades importantes son Lodz (Łódź), Cracovia (Kraków), Wroclaw (Wrocław), Poznan (Poznań), Gdansk (Gdańsk), Szczecin, Bydgoszcz, Lublin e Katowice.
A paisaxe de Polonia consiste case enteiramente das terras baixas da planicie da Europa do Norte, cunha altitude media de 173 metros, incluíndo os Sudetes (incluíndo o Karkonosze) e os Cárpatos (incluíndo os montes Tatra, onde se encontra o punto máis alto da Polonia, o Rysy, com 2 499 m de altitude) forman a fronteira sur. Varios grandes ríos atravesan a planicie, especialmente o Vístula (Wisła), o Oder (Odra), o Wadra, e o Bug Occidental. Polonia contén máis de 9 300 lagos, especialmente no norte do país. A Masuria (Mazury) é a maior e máis visitada rexión da Polonia. Sobreviven restos dos antigos bosques.
Polonia tén un clima temperado, con invernos fríos, cubertos e moderadamente severos, con precipitacións frecuentes, e veráns suaves, con chuvascadas e treboadas frecuentes. SEO
Economía[editar | editar a fonte]
Véxase: Economía de Polonia.
Goberno[editar | editar a fonte]
Polonia é unha democracia, cun presidente como xefe de estado, cuxa constitución data de 1997. A estrutura do goberno céntrase no gabinete de ministros encabezado polo primeiro ministro. O presidente nomea o Consello de Ministros segundo as propostas do primeiro ministro, representante da coalición maioritaria do Sejm. O presidente elíxese por voto popular cada cinco anos. O actual presidente é Andrzej Duda e o primeiro ministro é Donald Tusk.
Os votantes polacos elixen un Parlamento bicameral que consta dunha cámara baixa de 460 (Sejm) e unha cámara alta de 100 membros (Senat). O Sejm elíxese baixo unha representación proporcional segundo o método d'Hondt, método semellante ao empregado en moitos sistemas políticos parlamentarios. O Senat, porén, elíxese baixo un raro método de escrutinio maioritario plurinominal onde os candidatos con maior apoio son elixidos por cada circunscrición.
Coa excepción dos partidos que representan as minorías étnicas, só os candidatos dos partidos políticos cun 5% do voto nacional poden obter representación no Sejm. Nas sesións conxuntas, os membros do Sejm e do Senat forman a Asemblea Nacional (Zgromadzenie Narodowe). A Asemblea Nacional reúnese en tres ocasións: cando o novo presidente xura o cargo; cando se presenta unha imputación ao presidente no Tribunal do Estado (Trybunał Stanu); e cando se declara a incapacidade do presidente para exercer os seus deberes por motivos de saúde. Até o de agora tan só se produciu o primeiro caso.
O poder xudicial xoga un papel importante na toma de decisións. As súas maiores institucións inclúen a Corte Suprema (Sąd Najwyższy); a Corte Suprema administrativa (Naczelny Sąd Administracyjny); o Tribunal Constitucional (Trybunał Konstytucyjny); e o Tribunal Estatal (Trybunał Stanu). Coa aprobación do Senat, o Sejm nomea ao valedor do pobo ou inspector para a protección dos dereitos civís (Rzecznik Praw Obywatelskich) por un período de cinco anos. O valedor do pobo ten o deber de garantir a observación e implementación dos dereitos e liberdades dos cidadáns polacos e residentes, da Lei e dos principios da vida comunitaria e a xustiza social.
Divisións administrativas[editar | editar a fonte]
Os actuais voivodatos ou voivodías (provincias) están baseados principalmente nas rexións históricas do país, mentres que aqueles que se formaron nas dúas décadas anteriores a 1998 creáronse e nomeáronse a partir de cidades. Os voivodatos creados teñen unha superficie que vai dende os 10.000 km2 até os 35.000 km2. A autoridade administrativa a nivel do voivodato compártese entre o voivoda (governor elixido polo goberno), unha asemblea rexional electa (sejmik) e un executivo elixido pola asemblea.
Os voivodatos subdivídense en powiats (condados ou comarcas), e estes en gminas (concellos). As cidades principais adoitan ter o status de gmina e powiat á vez. Actualmente Polonia divídese en 16 voivodeships, 379 powiats (incluíndo 65 cidades co status de powiat), e 2.478 gminas.
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cultura[editar | editar a fonte]
A lingua oficial da República de Polonia é o polaco. Existen minorías que falan linguas oficiais nos países veciños: ucraínos, belarusos, lituanos, checos, eslovacos e alemáns. Cómpre destacar unha lingua eslava autóctona e minorizada, o caxubio. En 2005, aprobouse a Lei de Minorías Étnicas e Linguas Rexionais que recoñece a certos concellos con minorías lingüísticas significativas o dereito a establecer unha segunda lingua auxiliar que se pode utilizar xunto co polaco en contextos oficiais. Ata 2008 son 20 os concellos que estableceron esa segunda lingua: 16 o alemán, 2 caxubio, 1 lituano e 1 belaruso.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 World Economic Outlook Database (en inglés), Fondo Monetario Internacional (abril de 2008)
- ↑ 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polaco.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polonés.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 NationMaster.com 2003-2007, Poland, Facts and figures
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|