O Aaiún - Wikipedia, a enciclopedia libre
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coordenadas: 27°9′13″N 13°12′12″O / 27.15361, -13.20333
O Aaiún | |
---|---|
Laâyoune العيون | |
Localización | |
Rexión | Sáhara Occidental |
Provincia | O Aaiún |
Xeografía | |
Altitude | 19 msnm |
Demografía | |
Poboación | 196.331 hab. (2010) |
Densidade | hab/km² |
O Aaiún[1] ou O Aiún[2][3] (en castelán: El Aaiún, en francés: Laâyoune, en árabe: العيون [Al-Ayun]) é unha cidade do Sáhara Occidental, considerada a súa capital pola autoproclamada República Árabe Saharaui Democrática, pero na práctica atópase ocupada e administrada por Marrocos, como a maior parte do Sahara Occidental. Está situada no interior do territorio, a 28 km da costa norte, xunto ao leito seco do río Saguia el Hamra, na rexión homónima.
A cidade contaba no ano 2014 cunha poboación dunhas 217.732 persoas, sendo a maior de todo o Sáhara Occidental.
Historia[editar | editar a fonte]
Foi fundada en 1938 e foi a capital do territorio de Saguia el Hamra. En 1967 tiña unha poboación de 16.300 habitantes (9.700 saharauis e 6.600 españois), e 42.500 en 1974 (24.000 saharauis e 17.500 españois).
En 2005, a cidade foi escenario de graves protestas en contra da ocupación marroquí e en apoio á independencia e da Fronte Polisario. Estas protestas tamén se produjciron en outros núcleos urbanos do Sahara Occidental, e en algúns centros universitarios de todo Marrocos. A cidade foi recoñecida como a capital da República Árabe Saharaui Democrática por 82 estados.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.